Zum Inhalt der Seite gehen


Peche Temporal dos Cineclubes de Galicia


Debido ás restricións sanitarias dispostas pola Xunta de Galicia, informamos a noso público, que os Cineclubes de Galicia vense na necesidade de pechar as súas salas. Para estar ao corrente de cando se produza a reapertura, convidámoste a seguirnos en Friendica
https://t.me/s/cineclubes/21


Premio «PrimeirOlhar» 2019


Aberto prazo de inscrición (até 30/03) ao premio «PrimeirOlhar» promovido pola Associação de Produção e Animação Audiovisual «Ao-Norte» para traballos documentais +Info: http://ir.gl/1olhar2019 Co patrocinio da Federação Portuguesa de Cineclubes e
@Federación de Cineclubes de Galicia

Bild/Foto
Dieser Beitrag wurde bearbeitet. (5 Jahre her)


#8M


Nos últimos 15 anos, máis de 1.000 mulleres foron asasinadas en #España polas súas parellas ou ex parellas. Ademais, máis de 3 millóns sufriron violencia sexual ao longo das súas vidas. Con todo, nos últimos meses hai quen dubida destes datos, mesmo hai quen nega a existencia da violencia de xénero.
En tempos nos que parece que todo o mundo pode opinar e decidir sobre o corpo das mulleres, non queremos dúbidas nin retrocesos, senón todo o contrario: queremos pasos cara adiante en canto á igualdade de dereitos. E ésto é algo que nos corresponde tanto a homes como a mulleres.
Non se trata de nós contra eles, nin delas contra nós. Trátase de dereitos fundamentais, e os dereitos non admiten dúbida algunha.

«Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos»

Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos 10 de decembro de 1948

#8m #NonConsinto #DíaInternacionalDaMuller


A AGA concédenos o premio de honra «José Sellier» nos «Mestre Mateo»


A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu outorgarlle á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» o premio de honra «José Sellier», que cada ano recoñece iniciativas salientables no sector audiovisual.

Image/Photo


Feb 27
«Den Skyldige» · The Guilty
Mi 00:00 Salón de actos da Biblioteca Pública rúa Concello 11 32003 Ourense
Federación de Cineclubes de Galicia

Bild/Foto

Proxección de
«Den Skyldige» · The Guilty
Un filme de Gustav Möller

Filme en Versión Orixinal Subtítulada ao Castelán (VOSE)

Sesións:
Mércores 27 de febreiro de 2019 ás 18, 20:30 e 23 h.

Organiza: Cineclube Padre Feijoo
http://cineclubepf.eu/2019/01/europa-e-2.html

Prégase puntualidade e apagade o voso trebello móbil.
Cota: socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto
Non se permite o acceso unha vez comezada a proxección.


O cineclube Padre Feijoo pertence á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
http://cineclubes.gal/Cineclubes/Ourense/Padre-Feijoo.html

Dieser Beitrag wurde bearbeitet. (5 Jahre her)

Norz nimmt eventuell teil.