Skip to main content

 

#8M


Nos últimos 15 anos, máis de 1.000 mulleres foron asasinadas en #España polas súas parellas ou ex parellas. Ademais, máis de 3 millóns sufriron violencia sexual ao longo das súas vidas. Con todo, nos últimos meses hai quen dubida destes datos, mesmo hai quen nega a existencia da violencia de xénero.
En tempos nos que parece que todo o mundo pode opinar e decidir sobre o corpo das mulleres, non queremos dúbidas nin retrocesos, senón todo o contrario: queremos pasos cara adiante en canto á igualdade de dereitos. E ésto é algo que nos corresponde tanto a homes como a mulleres.
Non se trata de nós contra eles, nin delas contra nós. Trátase de dereitos fundamentais, e os dereitos non admiten dúbida algunha.

«Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos»

Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos 10 de decembro de 1948

#8m #NonConsinto #DíaInternacionalDaMuller